Noticias y Actualidad en Residencia Carballo
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Leer másUn entroido moi doce
24/2/2026
Esta semana tivemos unha mañá moi especial, dedicada ao taller de rosquillas con motivo do Entroido. Os nosos residentes puxéronse mans á obra e, ademais de preparar estes deliciosos doces típicos, aproveitamos para compartir historias sobre como cada un facía as súas receitas nas súas casas. Foi unha mañá chea de entretemento, ingredientes… e moita risas! O mellor de todo? Poder degustar o resultado final, que foron probadas polos mellores e máis esixentes xuices: os nosos propios residentes. Actividades como esta non só nos permiten gozar do sabor do Entroido, senón tamén fortalecer lazos, revivir lembranzas e crear momentos inesquecibles xuntos.
Leer másPrimeiro día dos Mandatos do Meco": Un día cheo de risas
13/2/2026
Hoxe comezou unha divertida tradición na residencia: 'Os Mandatos do Meco'. Esta actividade animou aos nosos residentes e ao noso equipo a seguir un divertido mandato, que consistía en traer algo na cabeza. Dende sombreiros orixinais ata outros obxectos máis extravagantes... todos participaron con moito humor e moita ilusión. Xa temos ganas de ver que nos traerá o seguinte mandato!
Leer másUnha experiencia creativa: Taller de xabóns!
13/2/2026
A xornada de onte foi un éxito de creatividade e diversión. Os nosos residentes participaron nun taller de xabóns no que tiveron a oportunidade de elaborar os seus propios xabóns artesanais, experimentando coas texturas, cores e fragancias. Esta actividade non só lles permitiu expresar a súa creatividade, senón que tamén foi unha excelente forma de mellorar a súa motricidade fina e de disfrutar dun momento de socialización e risas entre compañeiros. Ademais, para quen queira levarse a casa unha peza única, os xabóns elaborados polos residentes estarán á venda na entrada do centro.
Leer másO Entroido comeza a sentirse na residencia!
6/2/2026
O noso equipo de manualidades xa comezou a preparar a decoración do Entroido. Pouco a pouco, as cores, as máscaras e os diferentes adornos festivos van enchendo as instalacións, creando un ambiente alegre e cheo de vida. Con cada detalle colocado, imos atraendo o espírito festeiro do Entroido, unha época para sorrir, compartir e gozar xuntos da creatividade e da ilusión. A festa xa se sente en cada recuncho da residencia.