DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Publicado el 21 de mayo de 2025

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado neste ano 2025 á poesía popular oral e ás cantareiras, que foron mulleres cun rol fundamental na preservación e transmisión da tradición musical galega. Tivemos unha visita moi especial dos alumnos do IES Saturnino Montojo, que fixeron de esta xornada un día cheo de tradición e diversión. Tocaron a pandeireta e bailamos todos xuntos gozando da música e da compañía. Ademáis, agasalláronnos cunhas Perlas de Compostela que comemos con moito gusto...! Foi unha mañá diferente, entretida e moi galega. Moitas grazas ao IES Saturnino Montojo por compartir este día tan especial con nós!

Más noticias