Primeiro día dos Mandatos do Meco": Un día cheo de risas
Publicado el 13 de febrero de 2026
Hoxe comezou unha divertida tradición na residencia: 'Os Mandatos do Meco'. Esta actividade animou aos nosos residentes e ao noso equipo a seguir un divertido mandato, que consistía en traer algo na cabeza. Dende sombreiros orixinais ata outros obxectos máis extravagantes... todos participaron con moito humor e moita ilusión. Xa temos ganas de ver que nos traerá o seguinte mandato!







