Unha experiencia creativa: Taller de xabóns!
Publicado el 13 de febrero de 2026
A xornada de onte foi un éxito de creatividade e diversión. Os nosos residentes participaron nun taller de xabóns no que tiveron a oportunidade de elaborar os seus propios xabóns artesanais, experimentando coas texturas, cores e fragancias. Esta actividade non só lles permitiu expresar a súa creatividade, senón que tamén foi unha excelente forma de mellorar a súa motricidade fina e de disfrutar dun momento de socialización e risas entre compañeiros. Ademais, para quen queira levarse a casa unha peza única, os xabóns elaborados polos residentes estarán á venda na entrada do centro.






