Noticias y Actualidad en Residencia Viveiro

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Menú do mes de setembro

    2/9/2025

    Aquí podedes consultar o menú correspondente a este mes de setembro.

    Más información
  • Celebramos o Naseiro no noso centro!

    1/9/2025

    O pasado luns 25 celebramos unha comida no exterior do centro tratando de simular a festa do Naseiro que se celebrou eses días no Concello. Xa que non podemos trasladarnos ao Naseiro, tivemos que montar a festa nós. Comimos empanada e paella, cantamos e bailamos ao ritmo dos Acordeonistas da Mariña. Pola tarde tamén tivemos tarta de merenda para celebrar os aniversarios do mes!

    Más información
  • Comenzan as festas de San Roque!

    14/8/2025

    Damos por inauguradas as festas de San Roque de Viveiro. Hoxe fumos dar un paseo polo casco vello da vila para ver os xigantes e cabezudos que tradicionalmente saen durante as festas e mañá teremos un menú especial con motivo do día da Nosa Señora. O próximo día 25 teremos unha comida no xardín do centro con actuación musical incluída!

    Más información
  • Visita á praia de Covas

    12/8/2025

    O pasado venres achegámonos á praia de Covas para aproveitar esta ola de calor que tantos sofocos nos trae. Fumos dar un paseo pola orilla mollando os pes, e houbo ata quen se bañou! Foi unha saída estupenda que intentaremos repetir sen dúbida!

    Más información
  • Menú do mes de Agosto

    4/8/2025

    Aquí tedes o menú deste mes de agosto. O día 15 teremos unha comida especial con motivo da celebración do Día da Nosa Señor e San Roque, festividades locais. Pronto actualizaremos con máis información sobre dita celebración!

    Más información
  • Celebramos o Día de Galicia!

    29/7/2025

    O pasado xoves celebramos o Apóstol e o Día de Galicia cunha actuación especial dos nosos amigos 'Espera que vou mexar'. Cantamos, bailamos e rimos. Logo tivemos merenda especial polos aniversarios do mes de xullo. As próximas festas xa serán as de San Roque!

    Más información
  • Bingo

    22/7/2025

    Unha das actividades ordinarias que máis gustan aos nosos residentes é o bingo, que habitualmente facemos dous días á semana. Un saúdo de parte de todo o equipo

    Más información
  • Saída ao Resurrection Fest

    8/7/2025

    O xoves día 26 de xuño tivemos a sorte de que nos convidaran a dar unha volta polo recinto do Resurrecction Fest. Estivemos vendo os distintos escenarios e disfrutando dalgún concerto. Ademais fumos á zona VIP onde nos convidaron a tomar algo e puidemos estar tranquilamente disfrutando da música. Sen dúbida toda unha experiencia. Moitas grazas á organización do festival por brindarnos esta oportunidade e tratarnos con tanto afecto.

    Más información
  • Menú de xullo

    8/7/2025

    Boas familias, deixamosvos o menú dende o luns 30 de xuño ao domingo 3 de agosto. Un saúdo

    Más información